12/01/19

Nebulosa da Rosetta



















Os pasados 4 e 5 de xaneiro as noites foron óptimas para a astrofotografía. Xa pasando o máximo das Cuadrántidas , dispúxenme a seguir na mesma liña de afotar en monocromo un novo obxecto e una vez máis  empregando o filtro de H-Alpha de 7nm.
Fun quen de xuntar 15 exposicións de 600s nun total de 2 noites e descartando varias tomas por mal guiado  (segue a resistírseme ás veces).
A humidade era prácticamente inapreciable e o frío moito; indispensable o termo do café ben quentiño. O resultado final faime pensar que avanzo na técnica de procesado con Pixinsight e que a Canon refrixerada rinde moi ben. Tras este obxecto e outros 2 máis que teño en mente a idea retratalos en cor engadindo os canais RGB.


Para máis información sobre este obxecto:
http://www.atlasoftheuniverse.com/espanol/nebulae/ngc2237.html








Se queres ler a entrada en Ceos Galegos:  https://ceosgalegos.com/2019/01/11/a-flor-dun-ganador/




Twitter Delicious Facebook Digg Stumbleupon Favorites More

 
Design by Free WordPress Themes | Bloggerized by Lasantha - Premium Blogger Themes | Affiliate Network Reviews